Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE PORQUEIRA BUSCA DIRECTOR/A PARA A RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE

13 Set 2023

Trátase dun contrato laboral temporal por substitución

O concello de Porqueira fai público no BOP do 13 de setembro que unha vez aprobadas, por resolución da alcaldía de 08/09/2023, as bases que rexerán a contratación por concurso de 1 director/a da residencia da terceira idade do concello de Porqueira, en réxime laboral temporal, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: director/a da residencia da terceira idade do concello de Porqueira.
3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por substitución.
4. Xornada: completa
5. Sistema de selección: concurso.
6. Duración do contrato: ata a finalización do proceso de selección en curso para cubrir a praza de forma definitiva, segundo o disposto na disposición adicional cuarta do Real decreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas  urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo.
7. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 3 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Porqueira, situado na estrada de Xinzo a Bande, n.º 4, Forxa, 32643 (Ourense), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/1015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
8. Bases: o texto íntegro das bases de selección esta publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica https://porqueira.sedelectronica.gal/info.0

Volver