Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ OFERTA 4 POSTOS TEMPORAIS

19 Mai 2018

Formarán a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do concello

O concello de Paderne de Allariz fai plúbico no BOP do 19 de maio unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 4 postos de traballo de persoal laboral temporal, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (expediente 60/2018). Trátase dos postos pra un/ha xefe/a de brigada, 1 pión condutor/a e 2 pións forestais da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do concello de Paderne de Allariz. A modalidade de contratación é contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo, e a duración do contrato de 3 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso. As bases da convocatoria poderanse consultar no taboleiro de edictos e na web do concello http://padernedeallariz.sedelectronica.gal  O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, no rexistro do concello de Paderne de Allariz (Rioseco, n.º 7 32111 Paderne de Allariz), en horario de 9.00 h a 14.00 h, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver