Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

15 Mai 2018

É para postos de auxiliar de axuda no fogar

O concello de Paderne de Allariz fai público no BOP do 15 de maio, por acordo da Xunta de Goberno Local do 3 de maio de 2018, a aprobación das bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello de Paderne de Allariz para postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar, de cara a futuras substitucións ou contratacións laborais temporais, polo sistema de concurso de méritos. O prazo de presentación de instancias para a participación no proceso de selección será de 8 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP de Ourense. Os/as interesados/as poderán consultar as das bases de selección no taboleiro de edictos e na web do concello http://padernedeallariz.sedelectronica.gal

Volver