Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE OÍMBRA PUBLICA AS BASES PARA UNHA NOVA CONTRATACIÓN

20 Mar 2019

Trátase dun posto de chófer de tractor rozadora

O concello de Oímbra fai públicas no BOP do 20 de marzo as bases que rexerán o procedemento para a selección de 1 chofer de tractor - rozadora do concello de Oímbra. O obxecto destas bases é regular a contratación por este concello de 1 chofer de tractor-rozadora para o servizo de roza e prevención mecanizada 2019. O contrato que se subscribirá é o que regula o artigo 15.1.a) do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo. As funcións serán labores de roza e prevención co tractor rozadora nos concellos de Oímbra e Laza (Posto que son copropietarios do tractor-rozadora ambos os dous concellos). Trátase dunha praza de chófer de tractor rozadora cun contrato de 9 meses por obra ou servizo determinado. A xornada laboral será completa e o salario bruto mensual de 1.200,00 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).

SE QUERES DESCARREGAR AS BASES ABRE O PDF QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

Volver