Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE OIMBRA OFERTA UNHA PRAZA DE SOCORRISTA

04 Xun 2018

Traballará nas piscinas municipais

O concello de Oímbra fai público no BOP do 4 de xuño o anuncio de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo para un/ha titulado/a en primeiros auxilios/socorristas, para as piscinas municipais do concello de Oímbra. Tempada 2018. A alcaldía, mediante decreto do 31 de maio de 2018, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un/ha titulado/a en primeiros auxilios/socorristas, para as piscinas municipais do concello de Oímbra. Tempada 2018. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de Oímbra, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan  a disposición do público no concello e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello http://oimbrasedelectronica.gal

Volver