Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE OÍMBRA BUSCA UN/HA MONITOR/A

07 Xun 2019

Atenderá o programa de conciliación da vida laboral e familiar do concello de Oímbra: “Oímbra Verán 2019”

O concello de Oímbra fai público no BOP do venres 7 de xuño o anuncio de selección de persoal para a provisión dun posto de traballo dun/dunha monitor/a para o Programa de conciliación da vida laboral e familiar do concello de Oímbra: “Oímbra Verán 2019”.
A Alcaldía, mediante o Decreto do 5 de xuño de 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un/unha monitor/a do Programa de conciliación da vida laboral e familiar do concello de Oímbra: “Oímbra Verán 2019”. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de Oímbra de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web do concello www.oimbra.es

Volver