Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MUIÑOS OFERTA 12 POSTOS DE TRABALLO

04 Abr 2019

Crearán dúas brigadas contra incendios forestais e contratarán a un/ha monitor/a e un/ha socorrista para a piscina municipal

O concello de Muíños fai público no BOP do 4 de abril a convocatoria para a contratación laboral de 12 postos de traballo. Son para 2 xefas/es de brigada, 2 pións condutoras/es e 6 pións forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais, dun/ha socorrista e un/ha monitor/a deportivo, de ocio e tempo libre e socorrista para as piscinas municipais.

Convocatoria para a contratación laboral que se indica segundo as bases aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local, do 26 de marzo de 2019:

1.- Número e denominación das prazas (Convenio de colaboración coa consellería de Medio Rural): 2 xefas/es de brigada, 2 pións condutoras/es e 6 pións forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais.

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa.

3.- Duración do contrato: 3 meses.

4.- Sistema de selección: concurso-oposición.

5.- Prazo e lugar de presentación de instancias: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

6.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios, na páxina web do Concello (concellomuinos.com) e na sede electrónica deste concello [http://concellomuinos.sedelectronica.gal]

 

Por acordo da Xunta de Goberno Local, de data do 26 de marzo de 2019, aprobáronse as bases para a selección de persoal laboral temporal mediante concurso-oposición (procedemento de urxencia) para cubrir unha praza de socorrista para as piscinas municipais

1.- N.º de prazas ofertadas: 1

2.- Modalidade da contratación: contrato por obra ou servizo de duración determinada.

3.- Duración do contrato: 2 meses.

4.- Sistema de selección: concurso-oposición.

5.- Bases da convocatoria: poderán consultarse no taboleiro de anuncios, na páxina web do concello concellomuinos.com) e na sede electrónica deste Concello: [http://concellomuinos.sedelectronica.gal].

6.- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados dende o día seguinte o da publicación deste anuncio no BOP no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

 

Por acordo da Xunta de Goberno Local, de data 26 de marzo de 2019, aprobáronse as bases para a selección de persoal laboral temporal mediante concurso-oposición para cubrir unha praza de monitor deportivo, de ocio e tempo libre e socorrista para as piscinas municipais.

1.- N.º de prazas ofertadas: 1

2.- Modalidade da contratación: contrato por obra ou servizo de duración determinada.

3.- Duración do contrato: 12 meses.

4.- Sistema de selección: concurso-oposición.

5.- Bases da convocatoria: poderán consultarse no taboleiro de anuncios, na páxina web do concello (concellomuinos.com) e na sede electrónica deste Concello:

(http://concellomuinos.sedelectronica.gal).

6.- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera outro medio admitido en dereito

Volver