Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MUIÑOS ANUNCIA A APROBACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO TEMPORAL

21 Xan 2020

Estará vixente no 2020 e posiblemente prorrogará no 2021

O concello de Muíños fai público no BOP do 21 de xaneiro a aprobación das bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego temporal nise concello para os exercicios 2020 e posible prórroga para o ano 2021. Por Decreto da alcaldía, con data 16 de xaneiro de 2020, aprobáronse as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego temporal no concello de Muíños para os exercicios 2020 e posible prórroga para o ano 2021. As ditas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal, na páxina web do concello ( www.concellomuinos.com) e na sede electrónica deste concello [http://concellomuinos.sedelectronica.gal] e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio no BOP. O prazo de presentación de instancias para a convocatoria das distintas categorías, será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. Todos os anuncios sucesivos serán publicados no taboleiro de anuncios, na páxina web do concello) e na sede electrónica deste concello [http://concellomuinos.sedelectronica.gal].

Volver