Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MONTERREI OFERTA UN POSTO DE TÉCNICA/O DE INFORMACIÓN TURÍSTICA

27 Mai 2019

Trátase dun contrato temporal

O concello de Monterrei fai pública a convocatoria de selección de persoal para a provisión de postos de traballo: 1 técnico/a de información turística. A alcaldía, mediante resolución do 22 de maio de 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a selección e contratación de 1 técnico/a de información turística. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no Concello e na páxina web www.monterrei.es

Volver