Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE MONTERREI OFERTA TRES POSTOS TEMPORAIS

18 Xul 2017

Son para dous/dúas albaneis e un/ha pión de obras públicas

O concello de Monterrei fai pública no BOP do 18 de xullo a convocatoria de selección de persoal para a provisión de dous/dúas albaneis e un/ha pión de obras públicas. A alcaldía, mediante a resolución do 13 de xullo de 2017, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente dous/dúas albaneis e un/ha pión de obras públicas. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello no horario de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes axustarase aos requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público na casa do concello de Monterrei e na páxina web www.monterrei.es

Volver