Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE MONTERREI OFERTA CATRO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

15 Xan 2018

Son prazas para pións e albaneis

Oferta no concello de Monterrei mediante convocatoria de selección de persoal publicada no BOP do 15 de xaneiro para a provisión de postos de traballo: dous albaneis e dous peóns de obras públicas. A alcaldía, mediante resolución do 8 de xaneiro de 2017, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a selección e contratación de dous/dúas albaneis e dous/dúas pións de obras públicas. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP.As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

Volver