Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MONTERREI OFERTA 10 POSTOS DE TRABALLO

24 Xun 2019

Son postos para 2 xefas/es de brigada, 2 pións-condutor/as e 6 pións

O concello de Monterrei fai pública no BOP do 24 de xuño a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo:  2 xefas/es de brigada, 2 pións-condutor/as e 6 pións.

A alcaldía, mediante resolución do 19 de xuño de 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a  2 xefas/es de brigada, 2 pións-condutor/as e 6 pións. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

Volver