Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MONTERREI CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

17 Dec 2019

É para o servizo de limpeza

Publicada no BOP do 17 de decembro a convocatoria de selección de persoal para a creación dunha bolsa de emprego no servizo de limpeza no concello de Monterrei. A alcaldía, mediante a resolución do 11 de decembro de 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a creación dunha bolsa de emprego no servizo de limpeza. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

Volver