Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE MONTERREI CREA DUAS BOLSAS DE EMPREGO

11 Dec 2018

É para o servizo de axuda no fogar e para o servizo de limpeza

O concello de Monterrei publica no BOP do 11 de decembro a convocatoria de selección de persoal para a creación de dúas bolsas de emprego. A primeira será no servizo de axuda no fogar e a segunda para o servizo de limpeza. A alcaldía, mediante resolución do 5 de decembro de 2018, aprobou as bases ás que se axustará os concursos-oposicións para a creación de dúas bolsas de emprego. Unha delas no servizo de axuda no fogar e outra para o servizo de limpeza. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

Volver