Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MONTEDERRAMO OFERTA UN POSTO TEMPORAL DE AUXILIAR DE SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

18 Mai 2019

Trátase dun contrato de catro meses a media xornada

O concello de Montederramo fai pública no BOP do 18 de maio a convocatoria para contratación dun/ha Auxiliar de Servizo de Axuda no Fogar durante catro meses a media xornada.
N.º prazas: unha.
Modalidade: contrato laboral temporal.
Sistema de selección: concurso.
Retribucións: salario mínimo interprofesional, a media xornada.
Lugar e prazo de presentación de instancias: No rexistro municipal do concello, no termo de cinco días dende a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
Exposición das bases reguladoras: O texto completo publicarase na páxina web municipal www.montederramo.es e no taboleiro de edictos municipal. Asemade o concello de Montederramo presentou ante a Oficina de Emprego da Ponte - Ourense, oferta pública para a referida praza.

Volver