Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE MONTEDERRAMO OFERTA UN POSTO DE CHÓFER DE MOTOBOMBA E UN DE PIÓN FORESTAL

08 Ago 2019

Son contratos de tres meses de duración

No BOP do 8 de agosto, o concello de Montederramo fai pública a convocatoria para a contratación dun/dunha chófer de motobomba e un/ha pión forestal- Persoal brigada de incendios 2019. Por resolución da alcaldía do concello de Montederramo, con data 06/08/2019, aprobáronse as bases para a contratación dos postos de traballo que se relacionan, en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos:
- Un/ha condutor/a do vehículo motobomba
- Un/ha pión forestal de brigadas
Duración do contrato: tres meses
No taboleiro de anuncios aparecen publicadas integramente as bases que deben rexer a convocatoria para a contratación dos postos. O prazo de presentación de solicitudes será de tres (3) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. Lugar: rexistro xeral do Concello de Montederramo, presencialmente, de luns a venres, das 9:00 ás 14:00 horas, ou a través de calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das AA.PP. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse exclusivamente no taboleiro de anuncios, sen prexuízo da súa publicación na páxina web municipal.

Volver