Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE MONTEDERRAMO OFERTA UN POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

15 Mai 2018

Contratan a media xornada

O concello de Montederramo fai público no BOP do 15 de maio por resolución de alcaldía de data 10/05/2018, a aprobación das bases e a convocatoria para cubrir a praza de auxiliar do servizo de axuda no fogar eventual a media xornada, con duración de catro meses, dende o 1 de xuño de 2018. Polo Concello de Montederramo ábrese un período de cinco dias naturais para presentación de solicitudes para cubrir o posto de contratación temporal laboral mediante concurso de méritos  para 1 praza de auxiliar do servizo de axuda no fogar, por obra/servizo determinado. As bases da oferta de emprego están a disposición dos interesados/as nas oficinas municipais de luns a venres e de 9 a 14 horas, no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do concello www.montederramo.es

Volver