Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE MANZANEDA OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO

07 Dec 2017

Son prazas temporais para un/ha administrativ@ e un/ha auxiliar de clínica

O concello de Manzaneda fai pública no BOP do 7 de decembro, unha vez vista a orde do 29 de agosto de 2017 da consellaría de economía, emprego e industria (DOG 171 do 8 de setembro de 2017), mediante decreto da alcaldía concello de Manzaneda do día 1 de decembro de 2017, deu aprobación ás bases para a contratación temporal dun/ha auxiliar de clínica e un/ha administrativ@. O concello de Manzaneda formulará unha oferta ao servizo público de emprego, polo que será requisito imprescindible ser demandante de emprego para tomar parte neste proceso selectivo, así como cumprir cos demais requisitos esixidos na orde da consellería de economía, emprego e industria. As bases estarán a disposición dos/as interesados/as no momento da publicación deste anuncio no BOP, na secretaría municipal, en horario de 9.00 a 13.30 horas, os cales poderán solicitar copias en calquera momento, dentro do horario de oficina, chamando ao teléfono 988 333 043 ou na páxina web do concello www.concellodemanzaneda.es.

Volver