Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE LOBIOS OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

06 Abr 2019

Son contratos de tres meses de duración

O concello de Lobios fai pública no BOP do 6 de abril a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía número 2019-0215, de data 02/04/2019:
1. Número e denominación das prazas: dous traballadores para a realización de obras para a mellora de camiños municipais no termo municipal de Lobios, durante 3 meses, ao abeiro do programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade 2019.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.
3. Duración do contrato: tres meses.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Retribucións totais: 1.050 €/mes (incluída pppe).
6. Lugar e prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Lobios ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://lobios.sedelectronica.gal

Volver