Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE LOBIOS OFERTA 8 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

08 Mai 2019

Son para auxiliares de axuda no fogar

O concello de Lobios fai pública no BOP do 8 de maio a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases de contratación aprobadas por resolución da alcaldía núm. 2019-0295, do 3 de maio:
1.- Número e denominación das prazas: oito auxiliares de axuda no fogar.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.
3.- Duración do contrato: un ano.
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Retribucións totais: 1.192,50 €/mes (incluída pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Lobios ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://lobios.sedelectronica.gal

Volver