Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE LOBIOS OFERTA 10 PRAZAS TEMPORAIS

29 Xun 2017

Formarán dúas brigadas antiincendios forestais

O concello de Lobios publica no BOP do 29 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por decreto da alcaldía de data 26/06/2017:
1.- Número e denominación das prazas: 2 xefes/as de brigada, 2 pións-condutor e 6 pións forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa de incendios forestais.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa.
3.- Duración do contrato: tres meses
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Retribucións totais:
⎯ Xefe de brigada. Soldo: 1.106,51 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra.
⎯ Peón condutor. Soldo: 1.047,94 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra.
⎯ Peóns forestais. Soldo: 992,39 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra.
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 3 días naturais contados dende o seguinte á publicación no
BOP, no rexistro do concello de Lobios, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito e de acordo co establecido nas bases do proceso de selección.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do concello

Volver