Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE LOBEIRA OFERTA UNHA PRAZA

06 Xun 2017

Trátase dunha praza de auxiliar de animación socio-cultural

O concello de Lobeira publica no BOP do 6 de xuño as bases que rexerán a contratación dun auxiliar de animación socio-cultural do Concello de Lobeira. O alcalde, por resolución de data 29 de maio de 2017, aprobou as bases que rexerán a contratación dun auxiliar de animación socio-cultural do Concello de Lobeira. As ditas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do concello (www.lobeira.es) e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia, na páxina web e no taboleiro de anuncios do concello de Lobeira. Todos os anuncios sucesivos serán publicados, exclusivamente, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

Volver