Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE LOBEIRA OFERTA UNHA PRAZA DE ADMINISTRATIV@

02 Out 2017

Será unha oposición libre

O concello de Lobeira fai público no BOP do 2 de outubro a convocatoria e bases para a oposición libre dunha praza de administrativo da escala administración xeral, grupo C1. A referida praza inclúese na oferta pública de emprego correspondente ao exercicio do ano 2017, aprobada por resolución da alcaldía, de data 5 de setembro de 2017, e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense n.º 213, de data 15 de setembro de 2017, coas seguintes características: Grupo: C-1.- Denominación: administrativo. Escala de administración xeral; subescala administrativa. Prazas vacantes: unha. Título de bacharelato. Sistema de selección oposición libre.

As funcións que se van desempeñar serán as propias desta praza prevista na normativa vixente, cos dereitos, obrigas e responsabilidades que lle corresponden. Así as tarefas serán administrativas de trámite, elaboración de expedientes, auxilio, colaboración en materia de secretaría-intervención, tesourería, información e atención ao cidadán.

PARA OLLAR AS BASES ABRE O PDF QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

Volver