Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE LOBEIRA CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

08 Xan 2018

Terá vixencia para os anos 2018 e 2019

O concello de Loberia fai público no BOP do 8 de xaneiro as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello de Lobeira para os exercicios 2018-2019. A xunta de goberno local, na sesión realizada o día 28 de decembro de 2017, aprobou as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello de Lobeira para os exercicios 2018-2019. As ditas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do concello (www.lobeira.es) e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio. O prazo de presentación de instancias para as distintas categorías, será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello de Lobeira. Todos os anuncios sucesivos serán publicados, exclusivamente, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

Volver