Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE LAZA PUBLICA DIFERENTES OFERTAS DE EMPREGO E BOLSA DE TRABALLO

22 Xun 2018

Contratarán axentes de intervención en emerxencias, técnic@ de medioambiente e crearán unha bolsa de emprego para axuda a domicilio

O concello de Laza fai públicos no BOP do 22 de xuño tres anuncios nos que indican a contratación de axentes de intervención en emerxencias, un/ha técnic@ de medioambiente e a creación dunha bolsa de emprego para axuda a domicilio.

Anuncio de selección de persoal para a creación dunha bolsa de traballo de auxiliares para o servizo de axuda no fogar. A Alcaldía, mediante Resolución do 19 de xuño de 2018, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a creación dunha bolsa de traballo de auxiliares para o servizo de axuda no fogar. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación o BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e publicadas integramente na web: www.laza.es.

Anuncio de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo para  2 axentes de intervención en emerxencias, para reforzo do servizo de emerxencias municipal. A Alcaldía, mediante Resolución do 19 de xuño de 2018, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a: 2 axentes de intervención en emerxencias, para reforzo do servizo de emerxencias municipal. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo decinco días  hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e publicadas integramente na web: www.laza.es.

Anuncio de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo 1 técnic@ medioambiental. A Alcaldía, mediante Resolución do 19 de xuño de 2018, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a: 1 técnico medioambiental. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo decinco días hábiles seguintes ao da  publicación no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición o público no concello e publicadas integramente na web: www.laza.es.

Volver