Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE LAZA OFERTA UN POSTO DE TECNIC@ MEDIOAMBIENTAL

14 Xul 2018

É un contrato temporal

O concello de Laza fai público no BOP do 14 de xullo o anuncio de selección de persoal para a provisión do posto de  traballo pra un/ha técnic@ medioambiental. A alcaldía, mediante resolución do 19 de xuño de 2018, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un/ha técnica medioambiental. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e publicadas integramente na web: www.laza.es

Volver