Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE LAZA OFERTA DÚAS PRAZAS TEMPORAIS DE PIÓNS

10 Abr 2019

O concello de Laza fai público no BOP do 10 de abril o anuncio de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo para dúas/dous pións de servizos xerais. A alcaldía, mediante resolución do 5 de abril de 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a 2 pións de servizos xerais. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles, seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello, e publicadas integramente na web: www.laza.es

Volver