Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE LAZA OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

08 Xul 2019

Son pra coordinador/a e monitor/a da Ludoteca

O concello de Laza fai público no BOP do 8 de xullo o anuncio de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo pra un/ha coordinador/a- monitor/a e un/ha monitor/a para o Programa "Ludoteca 2019". A alcaldía, mediante resolución do 4 de xullo de 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un/ha coordinador/a-monitor/a e un/ha monitor/a para o Programa "Ludoteca 2019". Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e publicadas integramente na web: www.laza.es

Volver