Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE LAZA OFERTA 13 POSTOS DE TRABALLO EN DIFERENTES CATEGORÍAS

29 Xun 2017

Son pra 2 técnic@s de protección civil, 4 auxiliares de axuda no fogar, 6 condutor@s e 1 monitor/a da ludoteca

O concello de Laza fai públicas as seguintes ofertas de traballo no BOP

-2 técnic@s de protección civil, 4 auxiliares de axuda no fogar, 6 condutor@s e 1 monitor/a da ludoteca

Anuncio de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo: 4 auxiliares para o servizo de axuda no fogar. A alcaldía, mediante resolución do 23 de xuño de 2017, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a: 4 auxiliares para o servizo de axuda no fogar. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que podes descarregar abrindo o pdf que está debaixo da fotografía.

Anuncio de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo: 6 condutor@s para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de dous vehículos autobomba. A alcaldía, mediante resolución do 23 de xuño de 2017, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a: 6 condutor@s para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de dous vehículos autobomba. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que podes descarregar abrindo o pdf que está debaixo da fotografía.

Anuncio de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo: 2 técnic@s de protección civil, para reforzo do Servizo de Emerxencias Municipal. A alcaldía, mediante Resolución do 23 de xuño de 2017, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a: 2 técnicos de protección civil, para reforzo do Servizo de Emerxencias Municipal. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que podes descarregar abrindo o pdf que está debaixo da fotografía.

Anuncio de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo: 1 monitor/a programa "ludoLAZAte 2017". A alcaldía, mediante resolución do 23 de xuño de 2017, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a: 1 monitor/a programa "ludoLAZAte 2017". Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que podes descarregar abrindo o pdf que está debaixo da fotografía.

Volver