Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE LAZA CREA UNHA BOLSA DE TRABALLO PARA CONDUTOR@S DE MOTOBOMBA

27 Ago 2018

Trátase dun concurso oposición

O concello de Laza fai público no BOP do 27 de agosto o anuncio de selección de persoal para a creación dunha bolsa de emprego para condutor@s de vehículo autobomba do concello. A alcaldía, mediante resolución do 23 de agosto de 2018, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a creación dunha bolsa de emprego de condutor@s de vehículo autobomba deste concello de Laza. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e publicadas integramente na web: www.laza.es

Volver