Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE ENTRIMO OFERTA TRES PRAZAS DE AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO

26 Mar 2018

Son contratos temporais a tempo completo

O concello de Entrimo fai pública a convocatoria para a contratación laboral temporal, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 21/03/2018 para tres prazas de auxiliares de axuda no fogar, xornada a tempo completo, de luns a domingo, incluídos festivos. A modalidade de contratación: obra ou servizo determinado. A duración do contrato será de 2 prazas durante doce meses e 1 praza durante sete meses. O sistema de selección por concurso de méritos. As retribucións totais serán de 867,66 €/mes (incluída pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación no BOP (26/3/18), no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es

Volver