Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE ENTRIMO OFERTA 13 POSTOS DE TRABALLO EN DIFERENTES CATEGORÍAS

10 Abr 2018

Son contratos laborais temporais

O concello de Entrimo fai público no BOP do 10 de abril a convocatoria de 13 prazas temporais para os postos de 1 chófer máquina desbrozadora, 2 xefas/es de brigada, 2 pións condutoras/es, 6 pións forestais e 10 traballador@s para a realización do programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade.

As convocatorias son as seguintes:

Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 05/04/2018:

1.- Número e denominación das prazas: un/ha chofer de máquina rozadora.

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.

3.- Duración do contrato: 6 meses.

4.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5.- Retribucións totais: 858,55 €/mes (incluída pppe).

6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Entrimo ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es

Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 05/04/2018:

1.- Número e denominación das prazas: 2 xef@s de brigada, 2 pións condutor/as e 6 pións forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa de incendios forestais.

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa

3.- Duración do contrato: tres meses.

4.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5.- Retribucións totais: xef@ de brigada: soldo: 1.100,00 euros / mes brutos, incluída a parte proporcional das pagas extra. Pións forestais e pión condutor: soldo: 982,53 euros / mes brutos, incluída a parte proporcional das pagas extra.

6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Entrimo ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es

Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 05/04/2018:

1.- Número e denominación das prazas: dez traballador@s para a realización do programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade.

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a media xornada.

3.- Duración do contrato: tres meses.

4.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5.- Retribucións totais: 518,88 €/mes (incluída pppe).

Volver