Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE ENTRIMO CONVOCA UNHA PRAZA DE CHÓFER DE TRACTOR ROZADORA

22 Abr 2016

Fará un contrato laboral temporal

O concello de Entrimo fai pública a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 20 de abril dunha praza para un/ha chófer de máquina rozadora. A modalidade de contratación será un contrato laboral temporal a xornada completa, cunha duración de seis meses.

O prazo para a presentación de instancias é de 5 días naturais, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP (22/04/16).

Para o sistema de selección aplicarán o concurso de méritos, sendo as retribucións totais de 835,19 €/mes (incluida pppe).

As instancias presentaranse no prazo de 5 días naturais, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP (22/04/16), no Rexistro do Concello de Entrimo, con enderezo na Praza do Concello, 32860 Terracha ( A ), Ourense e teléfono 988 434 666 en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

A exposición da redacción completa das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver