O CONCELLO DE CUALEDRO OFERTA UN POSTO DE TRABALLO
É para un/ha operaria/o do servizo de abastecemento de auga
Publicada no BOP do 9 de febreiro a convocatoria do concello de Cualedro para selección de persoal para a provisión do posto de traballo para un/ha operaria/o para o servizo de abastecemento de auga e saneamento. A alcaldía, mediante resolución do 25 de xaneiro de 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un/ha operaria/o para o servizo de abastecemento de auga e saneamento a tempo parcial durante 12 meses. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina www.cualedro.es