Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CUALEDRO BUSCA A UN/HA TRACTORISTA

20 Mai 2019

É un contrato de 3 meses de duración

O concello de Cualedro fai pública no BOP do 20 de maio a convocatoria para a selección de persoal para a provisión do posto de traballo de tractorista. A alcaldía, mediante Resolución do 16 de maio de 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un tractorista durante 3 meses. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos  establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina www.cualedro.es

Volver