Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE COLES OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

20 Xul 2017

É un contrato temporal a xornada completa

O concello de Coles fai pública no BOP do 20 de xullo a convocatoria para a contratación laboral, en cumprimento do Decreto da Alcaldía con data 14/05/2017, para unha praza de auxiliar de axuda no fogar. A modalidade de contratación será contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado. A xornada será completa, 40 horas semanais, de luns a domingo. O servizo no que se engloba é o Servizo de Axuda a Domicilio (SAD). Pra o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. A duración do contrato, até a fin do servizo (31/12/2017). O salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias) serán 1.044,14 €. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección é de cinco días hábiles, que se contarán dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Ourense (20/7/17), no rexistro xeral do concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos. O texto íntegro das bases de selección está a disposición d@s interesad@s nas oficinas do concello de Coles (Lugar Vilarchao, 34 – 32152 Coles).

Volver