Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA OFERTA UN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL

19 Nov 2019

Buscan un/ha limpador/a das dependencias municipais

No BOP do 19 de decembro aparece publicada a convocatoria do concello de Chandrexa de Queixa para a contratación de persoal laboral temporal para a substitución da titular para cubrir o período de vacacións para o seguinte posto de traballo:
- Un/ha limpador/a das dependencias municipais no concello de Chandrexa de Queixa. O concello de Chandrexa de Queixa abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección, por concurso de méritos, que será de cinco (5) días hábiles a computar a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As/Os interesadas/os poderán consultar as bases de selección nas oficinas municipais, en horario de 9.00 a 14.30 horas, e na páxina web do concello:www.chandrexadequeixa.es/index.php/gl/ (apartado Portal da Transparencia).

Volver