Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

11 Xul 2018

Trátase do servizo de axuda no fogar

O concello de Chandrexa de Queixa por decreto da alcaldía n.º 136/2018, do 5 de xullo de 2018, fai público no BOP do 11 de xullo a aprobación das bases e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para o servizo de axuda no fogar no concello de Chandrexa de Queixa. A tal efecto, o concello de Chandrexa de Queixa abre o prazo de presentación das instancias para a participación neste proceso de selección, que será de sete (7) días hábiles a computar a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia. As/Os interesadas/os poderán consultar as bases de selección nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:30 e na páxina web do concello www.chandrexadequeixa.es/index.php/gl/

 

Volver