Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

08 Out 2018

É para o servizo de axuda no fogar

O concello de Chandrexa de Queixa fai público no BOP do 8 de outubro por decreto da alcaldía n.º 194/2018, do 1 de outubro de 2018, a aprobación das bases e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para o servizo de axuda no fogar no concello de Chandrexa de Queixa. A tal efecto, o concello de Chandrexa de Queixa abre o prazo de presentación das instancias para a participación neste proceso de selección que será de dez (10) días hábiles a computar a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (8/10/18). As/Os interesadas/os poderán consultar as bases de selección nas oficinas municipais, en horario de 9.00 a 14.30e na páxina web do concello: www.chandrexadequeixa.es/index.php/gl/

 

Volver