Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CENLLE OFERTA UNHA PRAZA TEMPORAL DE TÉCNICA/O DINAMIZADOR/A SOCIOCULTURAL

17 Xun 2019

Trátase dun contrato a xornada parcial

O concello de Cenlle fai pública no BOP do 17 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas pola resolución da alcaldía con data 11/06/2019:

1. Número e denominación das prazas: un/unha técnico/a dinamizador/a sociocultural.

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (30 horas).

3. Duración do contrato: desde a data da sinatura do contrato até o 15 de outubro.

4. Sistema de selección: concurso de méritos.

5. Retribucións totais: 1.050 €/mes (incluída pppe).

6. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais contados desde o seguinte ao da ublicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no rexistro do concello de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal: http://cenlle.sedelectronica.gal

Volver