Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CENLLE OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO

12 Mar 2019

Son postos para a realización do programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade

O concello de Cenlle fai pública no BOP do 12 de marzo a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por Xunta de Goberno Local con data 20.02.2019:

1.- Número e denominación das prazas: dúas/dous traballadores para a realización do programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade.

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.

3.- Duración do contrato: catro meses.

4.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5.- Retribucións totais: 1.050 €/mes (incluída pppe).

6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no Rexistro do Concello de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://cenlle.sedelectronica.gal

Volver