Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CELANOVA OFERTA UN POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIV@

29 Dec 2018

Trátase dun contrato laboral temporal deica a fin do 2019

O concello de Celanova fai pública no BOP do 29 de decembro a convocatoria, por Decreto do 21.12.2018, do proceso selectivo e as bases xerais e específicas reguladoras para a selección e posterior contratación laboral temporal, a xornada completa e unha duración até o 31.12.2019, dunha persoa traballadora para a ocupación de auxiliar administrativ@ ao obxecto de levar a cabo a execución da obra ou servizo “auxiliar administrativ@ para a Oficina de Rehabilitación PEPRIs”, polo sistema de concurso de valoración de méritos.

O obxecto da convocatoria é a contratación laboral temporal, a xornada completa e unha duración até o 31.12.2019, dunha persoa traballadora para a ocupación de auxiliar administrativ@ ao obxecto de levar a cabo a execución da obra ou servizo “auxiliar administrativo para a Oficina de Rehabilitación Pepris”, no marco do “Acordo da Comisión Bilateral celebrada o 26 de outubro de 2018 relativo á Área de Rehabilitación de Rexeneración e Renovación urbana do Entorno do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes en Celanova (Ourense). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan Estatal de Fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e Renovación urbanas 2018-2021”, subscrito entre o Ministerio de Fomento, o Instituto Galego de Vivenda e Solo dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia e o concello de Celanova.

Se queres descarregar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver