Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CEA OFERTA UNHA PRAZA DE SOCORRISTA E A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO

21 Xun 2018

A bolsa de emprego é para o servizo de axuda no fogar

O concello de San Cristobo de Cea fai público no BOP do 21 de xuño, por acordo da xunta de goberno local con data 28 de maio de 2018, a aprobación das bases que rexerán a creación dun proceso selectivo de prazas relativas a auxiliar do servizo de axuda no fogar. A clase de persoal será laboral temporal. O prazo de presentación de solicitudes farase nos cinco días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Poderán consultar máis información nas bases específicas da convocatoria no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

Asemade, publican as bases para a selección de persoal laboral temporal mediante concurso-oposición (procedemento de urxencia) para cubrir unha praza de socorrista para as piscinas municipais

Se  queres ollar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver