Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CASTRO CALDELAS OFERTA UN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL

17 Abr 2018

Trátase dun contrato temporal para unha praza de condutor/a de máquina rozadora

O concello de Castro Caldelas fai público no BOP do 17 de abril por decreto da alcaldía n.º 048/2018, con data 13 de abril de 2018, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación dun/ha traballador/a como condutor/a de máquina rozadora baixo a modalidade de contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado cunha duración de seis meses. O concello de Castro Caldelas abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos que será de cinco (5) días hábiles a computar a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (17/4/18). Os/As interesados/as poderán recoller as bases de selección nas oficinas municipais en horario de 9.00 h a 14.00 h.

Volver