Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CASTRELO DO VAL OFERTA UN POSTO DE TRABALLO

22 Feb 2018

É pra un/ha chófer de tractor rozadora

O concello de Castrelo do Val fai pública no BOP do 22 de febreiro a convocatoria de selección de persoal para a provisión do posto de traballo dun/ha chofer de tractor-rozadora.  A xunta de goberno local, na sesión realizada o día 7 de febreiro de 2018, aprobou as bases ás que se axustará o concurso de méritos para seleccionar e contratar temporalmente un/ha chofer de tractor-rozadora. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web: www.castrelodoval.gal

Volver