Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CASTRELO DO VAL OFERTA DÚAS PRAZAS DE PIÓNS FORESTAIS

03 Xul 2018

Traballarán na brigada forestal

O concello de Castrelo do Val fai pública no BOP do 3 de xullo a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo para dúas/dous pións forestais. O alcalde, por decreto do día 28 de xuño de 2018, aprobou as bases ás que se axustará o concurso de méritos para seleccionar e contratar temporalmente 2 pións forestais. Os/as interesados/as poderán presentaras súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web: www.castrelodoval.gal.

 

Volver