Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO OFERTA UN POSTO DE TRABALLADOR/A SOCIAL

12 Abr 2018

É unha contratación laboral temporal

O concello de Castrelo de Miño fai público no BOP do 12 de abril por resolución da alcaldía do 5 de abril de 2018, a aprobación das bases reguladoras para a contratación laboral temporal dun/dunha traballador/a social. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.As bases estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios da web municipal (www.castrelo.gal) e no do propio taboleiro da casa do concello.

Volver