Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO OFERTA DÚAS PRAZAS DE EDUCADORAS/ES FAMILIARES

20 Dec 2018

Trátase de contratos laborais temporais a media xornada e a xornada completa

O concello de Castrelo de Miño fixo público no BOP do 20 de decembro o anuncio de convocatoria de contratación de persoal laboral temporal. Por resolución da alcaldía con data 17 de decembro de 2018, aprobaron as bases para a contratación temporal laboral de 2 traballadores/as como educadores/as familiares (1 a xornada completa e 1 a xornada parcial), polo sistema de concurso de méritos. A partir desta publicación, ábrese o prazo de cinco (5) días naturais para a presentación de instancias. Para máis información chamar ao 988 493 000 ou consultar a sede electrónica do concello: http://castrelo.sedelectronica.gal/info

Volver