Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO OFERTA CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

24 Xul 2019

Formarán a brigada antiincendios forestais

O concello de Castrelo de Miño fai público no BOP do 24 de xullo as bases para a contratación laboral temporal a tempo completo dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais. Estas bases teñen por obxecto rexer o concurso-oposición público convocado para proceder á contratación de 1 capataz e catro pións, con carácter laboral temporal, para integrar unha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
As características específicas dos postos de traballo son as seguintes:
- Número de prazas: 4 pións e 1 xefa/e de brigada
- Duración: a do convenio de colaboración coa consellaría de Medio Rural para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa (3 meses).
- Tipo de contrato: obra ou servizo determinado.
- Xornada laboral: completa de 40 horas semanais, de luns a domingo. Segundo o convenio de colaboración asinado coa consellería de Medio Rural a brigada terá plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingo, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias.
- Retribucións brutas: 1.200,00 €/mes (ppe incluída) para o xefe de brigada 900 €/mes (ppe incluída) para os pións

Volver