Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO ABRE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO

13 Dec 2017

Son bolsas para o servizo de axuda a domicilio e para o servizo de vivenda comunitaria

O concello de Castrelo de Miño fai pública no BOP do 13 de decembro a apertura de dúas bolsas de emprego. A primeira delas é para o servizo de vivenda comunitaria e a segunda é para o servizo axuda a domicilio. Por resolución da alcaldía de data de 5 de decembro de 2017, aprobaron as bases para a constitución das bolsas de emprego para o servizo vivenda comunitaria e para a bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar, ámbalas dúas polo sistema de concurso de méritos. A partir da publicación no BOP (13/12/17), abren o prazo de seis días naturais para a presentación de instancias. Para máis información chamar ao 988 493 000 ou consultar a sede electrónica do concello http://castrelo.sedelectronica.gal/info

Volver